Estamos todos os mércores do ano, entre as 19:00 horas e as 22:00 horas, no Centro Social A Esmorga: Rúa Telleira  9, 32004, Ourense (Zona Universitaria)

Colectivos Afíns


Consumo Responsable


Busqueda no Web

Banner
Excursións
Excursión polo cañón do sil PDF Imprimir E-mail

Paseamos por Parada do Sil e polo mosteiro de Santa Cristina. Ademáis da beleza da zona, asombrounos o artista local, un señor maior do que non sabemos o nome, que fai esculturas nas propias árbores, ou aproveitando material de desfeito, como o belén que nos ensinou un dos paisanos. Despois xantamos na casa rural Reitoral de Chandrexa, coas viandas que trouxemos de casa; como sempre, abundancia, variedade e todo moi rico. Eramos moit@s e parecía unha festa. Acolléronnos moi ben, a casa preciosa, un bo lugar para pasar uns días. A continuación fumos coñecer en A Teixeira a casa que acaban de mercar Carmen e Manolo, quedamos impresionados coa adega, ¡nunca vimos tal cousa!, cunha altura de mais de 9 ms, tamén moi bonita a finca e a vista. Ainda seguimos a ver mais cousas, de aquí fumos a Cristosende a visitar a unha artesana dos teares (inglesa?) e a un artesán de cestería (catalán), con productos de moita calidade e cunha formación moi sólida. A partir de aquí, uns marcharon cara aos seus fogares e outros quedamos a durmir no albergue de Tronceda, onde tivemos a oportunidade de ver (e fotografiar) a eclipse de lúa. Ao día seguinte voltamos á zona de A Teixeira para visitar a Alex e Llydia, que levan a cabo actividades agrícola-gandeiras e fan mermelada. Fumos xantar todos xuntos e..., despedida ata outra. Felicidades Carmen e Manolo polo ben que organizastes todo.

grupo.jpg

roque_e_camilo.jpg
 
 
 
Podedes ver máis fotos da excursión na Galería de Imaxe
 
Xantar Popular do 1 de outubro PDF Imprimir E-mail

Aquí unhas fotos do xantar popular que tivemos o día 1 de outubro no parque do Miño...

1 32

 
Fotos da excursión da Asociación á festa do viño e da cereixa! PDF Imprimir E-mail

Aqui van unhas fotos da festa do Viño e da Cereixa

 cereixa2 cereixa1

 
Primeiras fotos do xantar popular do día 21 de maio PDF Imprimir E-mail

Envío estas fotos que saquei no xantar. Agardo que vos gusten… E a ver se repetimos cedo!!! Un bico a cada

xantar3xantar2xantar1