|
Semente no Terr@ctiva e Feira Soberania Alimentar |
|
|
|
|
Semente estará presente nas dúas actividades programadas para os días 18 e 19 de outubro de 2008. O Terr@ctiva e a Feira pola Soberania Alimentar.
Adxuntamos os dous programas para quen os queira descargar e reenviar...
Programa Terractiva
Programa Feira pola Soberania Alimentar
Desfrutade das programacións e animádevos a participar
|
|
Consumo Responsable en Ourense |
|
|
|
|
Como a maioría de vós xa sabedes, Semente leva arredor de 9 meses con un novo modelo de consumo de productos ecolóxicos. Comezamos a nosa andadura con varias agricultoras da provincida de Ourense pedindo 20 cestas de horta semanais, e actualmente xa estamos achegándonos ás 40 semanais. Ademáis diso, consumimos con moita frecuencia (ainda que variable, dende unha vez por semana ate unha vez cada mes e medio) pan ecolóxico de "O Agro do Páramo", conservas ecolóxicas de "Amorodo", productos lácteos e 'carnes vexetais" de "Arqueixal", productos de comercio xusto de "Amarante", etc...
Déixovos para que lle botedes un ollo un díptico que editamos para dar a coñecer á asociación. De todas formas, se queredes saber máis de nós, só tedes que achegarvos todos os mércores entre as 19:00 e as 22:00 horas ao Centro Social A Esmorga (rúa Telleira, 9-Zona Universitaria) en Ourense... Ou escribirnos un correo a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Descargar diptico
|
|
Primeiras Cestas de Horta |
|
|
|
|
Comeza a nova etapa de Semente... 20 cestas da compra chegan ate Ourense procedentes de Laza e Verín, producidas polas compañeiras Charo, David e Juan... Aqui vos deixo unha mostra desta primeira cesta e das nosas caras de felicidade ao recibila.
Agardamos que esta etapa ilusionante para todas se prolongue moito tempo... polo de agora, xa sabedes, a desfrutar dos manxares e o luns que ven, máis... no Centro Social A Esmorga, rúa Telheira 9, Zona Universitaria, entre as 18:00 e as 24:00 horas...


|
|
Voluntariado Forestal en Ourense |
|
|
|
|
Verdegaia, A Esmorga e Semente cremos que a estratexia de loita
contra os lumes debe constar de catro eixos básicos: o estudo profundo
das causas e a persecución intensa dos incendiarios; a aposta forte
pola prevención; a mellora da extinción e unha nova política de montes
sustentable. Para levala á práctica é imprescindible que haxa máis
intervención dos poderes públicos (máis investimentos, máis montes de
xestión pública...), máis participación social e un amplo pacto que una
á sociedade galega contra os lumes.
Dentro deste afán ou desexo de máis participación da sociedade na
solución deste grande problema, apostamos por organizar grupos de
vixianza no monte, se queres axudar, apúntate nesta iniciativa que
desenvolveremos no concello de Ourense até o 15 de setembro. Apóntate
por teléfono no 637 74 88 59 (David), 639 44 44 26 (Óscar), no correo
electrónico
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
ou no Local da Esmorga a partir das 20:00 horas
Sabemos que o voluntariado é unha forma de participación da sociedade e
temos claro que nunca pode utilizarse para substituír o traballo
profesional nin as obrigas das administracións. Nós entendemos o
voluntariado forestal como axuda á prevención dos lumes, para a
recuperación e valorización do medio que nos rodea... en fin, para
darnos conta de que non somos alleos ao País no que vivimos.
Ficha Voluntariado Forestal
|
|
Xornadas de Voluntariado Forestal |
|
|
|
|
Verdegaia,
A Esmorga e Semente, cremos que a estratexia de loita contra os lumes
debe constar de catro eixos básicos: o estudo profundo das
causas e a persecución intensa dos incendiarios; a aposta
forte pola prevención; a mellora da extinción e unha
nova política de montes sustentable. Para levala á
práctica é imprescindible que haxa máis
intervención dos poderes públicos (máis
investimentos, máis montes de xestión pública,...),
máis participación social e un amplo pacto que una a
sociedade galega contra os lumes.
Dentro
deste afán ou desexo de máis participación da
sociedade na solución deste gran problema, apostamos por
organizar estas Xornadas de Formación de Voluntariado Forestal
en Ourense, tratamos de concienciar a poboación de que a
solución está nas nosas mans, e para iso o 25 de maio
ás 20:00 faremos unha plantación humana no campus
universitario contra os lumes, para mostrar que @s galeg@s
plantámonos contra o lume. Ás 20:30 h, teremos unha
mesa redonda no Centro social A Esmorga, baixo o título, Galicia e os Lumes. O 31 de maio faremos outra mesa redonda no
Centro social A Esmorga na que buscaremos e veremos que Outros
Montes son Posíbeis. Para rematar estas xornadas,
celebraremos a fin de semana do 9 e 10 de xuño no Albergue de
Coles, cun prezo de 25€ (incluído xantar, cea, durmida e
almorzo) As Xornadas teórico-practicas, nas que coñeceremos
outras esperiencias, intercambiaremos ideas, e recibiremos formación
teórica sobreo o medio e os incendios así como saídas
ao monte.
Sabemos
que o voluntariado é unha forma de participación da
sociedade e temos claro que nunca pode utilizarse para substituír
o traballo profesional nin as obrigas das administración. Nós
entendemos o voluntariado forestal como axuda á prevención
dos lumes, para a recuperación e valorización do medio
que nos rodea... en fin, para darnos de conta de que non somos alleos
ao País no que vivimos.
Coa
axuda de todas e todos, faremos posíbel que Galiza deixe de
ser xunto co norte de Portugal a zona da Unión Europea onde
temos máis incendios por superficie forestal.
|
|
Semente, nas xornadas de agroecoloxía de Ribadavia |
|
|
|
|
A asociacion Semente participará como convidada ás xornadas que organiza Coto do Frade en Ribadavia estes días 26 e 27 de decembro de 2006. Dúas compañeiras da asociación achegaranse ate alí para contar como foi o proceso de creación da asociación ourensana...
|
|
Fotos de "Onde andas, cogumelo?" |
|
|
|
|
Aqui vai unha mostra das imaxes que fixemo...

|
Convocatoria da Asociación de Consumo Responsable, Semente...
"Onde andas, cogumelo?"
O domingo día 29 de outubro. Imos a levar cada
quen o noso bocata e dar un paseo por algún monte cercano a
Ourense, aproveitando para buscar e recoñecer algún cogumelo que nos
vaiamos atopando...A quedada é ás 10:45 horas no lateral do edificio
politécnico da universidade, ao lado da estrada que vai a Castro
Caldelas... (ao pasar a rotonda do afiador)
Animádevos e difundide!!!!
Para máis info:
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
www.semente.info
|
|
Semente participa no Terractiva 2006 |
|
|
|
|
Os días 23 e 24 de Septembro e 2006, en Arzúa, estaremos no stand de
Consumo Consciente de Terractiva, Festival polas Artes e a
Biodiversidade, coas compañeiras de Árbore, Sinerxia e o Bandullo
Ecolóxico...
Pásate por alí para vernos... www.terractiva.org
|
|
|