Sobre nós

O noso interese común é a agroecoloxía. Como consumidoras de alimentos que somos, buscamos que os productos que mercamos sexan saudábeis e respectuosos co entorno, pero tamén contribuímos a manter vivo o noso rural a través desta dinamización local.

Para nós é vital saber que a xente que vive do campo pode levar unha vida digna co seu traballo, e que ese traballo está valorado non só económicamente. Deixamos de mercar en grandes superficies e hipermercados, onde non coñecemos quen produce todo o que alí se vende e onde non temos garantías de que se esté tendo en conta a nosa saúde nen a do medio á hora de producir alimentos. Este proxecto busca centrarse no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.

Qué facemos

Definímonos como grupo de consumo responsable, o que quere dicir que realizamos o noso consumo seguindo unha serie de criterios éticos. Ademais, o colectivo require certa organización para poder funcionar adecuadamente, de forma que todas as persoas que forman parte de Semente adquiren uns compromisos co grupo.

  • Os nosos principios

Onde atoparnos

Despois do peche do Centro Social A Esmorga, o paso polo Eu Consumo Responsable e polo bar da Parroquia Cristo Rei das Lagoas, actualmente estamos acollidas na Galleira.

Dirección

Praza de San Cosme (Zona Vella)

32005, Ourense

Mércores alternos de 19:00 a 20:00 h

E-mail :semente@semente.info

Neste mapa podes atopar A Galleira

Escríbenos

Introduce o número que ves a continuación: